Thursday 02 de May de 2024

Desprendemento da fachada dun quinto piso na rúa Ventorrillo, no concello de Malpica


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo recibiron ás 19:22 horas da tarde de onte, mércores 17 de abril, unha chamada alertando do desprendemento da fachada dun quinto piso sobre a terraza dun primeiro andar na rúa Ventorrillo, no casco urbano do concello de Malpica .

O material desprendido correspóndese ao revestimento dunha fachada de placas de lousa, que por mor do vento caeron sobre as terrazas de dous pisos do primeiro andar sen ocasionar danos persoais.

Os bombeiros desprazados realizaron traballos preventivos para evitar que se seguisen desprendendo lousas desde o piso superior e retiraron os materiais caídos sobre as terrazas. A actuación rematou coa balización da zona de escaleiras que van dende o edificio afectada na rúa Ventorrillo ata a parte traseira do mesmo edificio, prohibindo o paso pola mesma.

Completou o operativo a Garda Civil e Protección Civil de Malpica.

Deja un comentario